Ao contratar o hosting con Hospedaxes, instalamos por ti a aplicación que desexes.
Ademais, obterás descontos á hora de solicitar un deseño para a túa web.
WordPress é unha aplicación de creación e de publicación de weblogs. Moi simple, pero tamén moi potente. Inclúe unha opción de publicar artigos no seu sitio coa axuda dun simple email.
Aplicación de tenda online sen necesidade de coñecementos en programación.
Ferramenta para crear temas de discusión. Conxunto gratuíto de paquetes de código baseados na popular linguaxe de programación web PHP, cuxa intención é proporcionar facilmente, e con ampla posibilidade de personalización, un sistema de foros.
Joomla! é un CMS (Sistema de Xestión de Contido) que o axudará a facer todo o que desexe: desde sinxelas páxinas persoais, ata complexas aplicacións web para a empresa.
E-GroupWare é unha aplicación de portal de empresa interno completa: Caderno de enderezos, axendas, xestión de proxectos, emails, base de coñecementos, forums, compartir ficheiros, etc.