Logotipo de Hospedaxes Galicia
» Galego » Español
» Dominios » Hosting » Deseño web » Marketing dixital » Consultoría web » Imaxe corporativa » Software de xestión
Aviso legal

Aviso legal

Aviso da empresa

1. Propiedade intelectual.

O código fonte, os deseños gráficos, as imaxes, as fotografías, os sons, as animacións, o software, os textos, así como a información e os contidos que se recollen en http://www.hospedaxes.com están protexidos pola lexislación española sobre os dereitos de propiedade intelectual e industrial a favor de Hospedaxes e non se permite a reprodución e/ou publicación, total ou parcial, do sitio web, nin o seu tratamento informático, a súa distribución, a súa difusión, nin a súa modificación, transformación ou descompilación, nin demais dereitos recoñecidos legalmente ao seu titular, sen o permiso previo e por escrito deste, Hospedaxes.

O usuario, única e exclusivamente, pode utilizar o material que apareza neste sitio web para o seu uso persoal e privado; queda prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades ilícitas. Todos os dereitos derivados da propiedade intelectual están expresamente reservados por Hospedaxes.

Hospedaxes velará polo cumprimento das anteriores condicións, así como pola debida utilización dos contidos presentados nas súas páxinas web, exercitando todas as accións civís e penais que lle correspondan no caso de infracción ou incumprimento destes dereitos por parte do usuario.

2. Protección de datos de carácter persoal

No marco do cumprimento da lexislación vixente, recollida na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal (LOPD), cuxo obxecto é garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente do seu honor e intimidade persoal, Hospedaxes informa os usuarios de que:

Hospedaxes adoptou as medidas técnicas e organizativas conforme ao disposto na normativa vixente.

A recollida e tratamento automatizado dos datos de carácter personal ten como finalidade o mantemento da relación contractual que no seu caso se estableza con Hospedaxes, así como o desempeño das tarefas de información, formación, comercialización (tarefa esta última sempre identificada como tal) e outras actividades propias da empresa.

Hospedaxes adoptou os niveis de seguridade axeitados aos datos que se facilitan e, ademais, instaláronse todos os medios e medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que nos facilitan.

O usuario poderá, en todo momento, exercer os dereitos recoñecidos na LOPD de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Tamén poden exercerse estes dereitos nos termos que a normativa aplicable establece.

3. Varios

A.- Hospedaxes utiliza cookies que quedarán almacenadas no ordenador. As cookies son pequenos arquivos que o noso ordenador lle envía ao seu, pero que non nos proporcionan información nin sobre o seu nome, nin sobre calquera dato seu de carácter persoal. As cookies que utilizamos non poden ler datos do seu ordenador nin ler as cookies que existan no seu ordenador. Cando o usuario se atope navegando polas páxinas web de Hospedaxes, o servidor onde se atopa aloxada recoñece automaticamente o enderezo IP do seu ordenador, o día e a hora na que comeza a visita, na que abandona a visita, así como información sobre as distintas seccións consultadas. Cómpre que o servidor coñeza estes datos para poder comunicarse e enviarlle a petición realizada e que a través do navegador se poida ver na pantalla.

Se vostede o desexa, pode configurar o seu navegador de maneira que lle avise na pantalla se vai recibir unha cookie. O usuario pode configurar o seu ordenador de maneira que non reciba estas cookies, este feito non impedirá que se poida acceder á información do sitio web Hospedaxes, pero si evitará un correcto funcionamento desta e maior comodidade á hora de visitala.

B.- Hospedaxes poderá modificar, sen previo aviso, a información contida no seu sitio web, así como a súa configuración e presentación.

C.- Hospedaxes comprométese a través deste medio a NON REALIZAR PUBLICIDADE ENGANOSA.

Para estes efectos, polo tanto, non serán considerados como publicidade enganosa os erros formais ou numéricos que poidan atoparse ao longo do contido das distintas seccións da web de Hospedaxes, producidos como consecuencia dun mantemento e/ou actualización incompleta ou defectuosa da información contida nestas seccións. Hospedaxes, como consecuencia do disposto neste apartado, comprométese a corrixilo tan axiña como teña coñecemento dos devanditos erros.

D.- Hospedaxes comprométese a NON REMITIR COMUNICACIÓNS COMERCIAIS SEN IDENTIFICALAS COMO TALES, conforme ao disposto na Lei 34/2002 de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico.

Para estes efectos, non será considerada como comunicación comercial toda a información que se lles envíe AOS CLIENTES de Hospedaxes sempre que teña por finalidade o mantemento da relación contractual existente entre cliente e Hospedaxes, así como o desempeño das tarefas de información, formación e outras actividades propias do servizo que o cliente ten contratado coa empresa.

E.- Hospedaxes non se fai responsable do incumprimento de calquera norma aplicable na que poida incorrer o usuario no seu acceso ao sitio web Hospedaxes e/ou no uso das informacións contidas neste.

F.- Hospedaxes non será responsable dos danos e perdas producidos ou que poidan producirse, calquera que sexa a súa natureza, que se deriven do uso da información, das materias contidas neste web site e dos programas que incorpora. Os enlaces (Links) e hipertexto que lle posibiliten, a través do sitio web Hospedaxes, ao usuario acceder a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se atopan baixo o control de Hospedaxes; a devandita entidade non se fai responsable nin da información contida nestes nin de calquera efecto que puidese derivarse da devandita información.

G.- Hospedaxes non se fai responsable do uso ilexítimo que terceiras persoas poidan facer dos nomes de marca, nomes de produto, marcas comerciais que, non sendo propiedade da devandita entidade, aparezan no Web-Site Hospedaxes. Tampouco se responsabiliza da integridade, veracidade e licitude do contido dos enlaces ás webs ás que poida accederse desde Hospedaxes.

H.- Hospedaxes non se responsabiliza dos virus que teñan a súa orixe nunha transmisión telemática infiltrados por terceiras partes (por exemplo, os macros de procesadores de texto, os applets de Java e os programas Active X), xerados coa finalidade de obter resultados negativos para un sistema informático.

I.- En definitiva, o usuario é o único responsable do uso que realice dos servizos, contidos, enlaces (links) e hipertexto incluídos no sitio web Hospedaxes.

NA BITÁCORA
Noitelua es un nuevo buscador vertical especializado en contactos dentro del mundo del relax clasificando los resultados en función de la edad del anuncio, los clics recibidos o el precio del servicio. Por ejemplo para la consulta escorts en madrid, tenemos el resultado escorts en madrid en función del precio, escorts en madrid en función de [...]
Hospedaxes Galicia SLNE © 2005 - 2008. Todos os dereitos reservados. A Coruña, Galicia (España).

RSS de Hospedaxes

Documento CSS válido Documento XHTML válido

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet