Hospedaxes se une a Eganet
12 Marzo, 2008 por ivanDesde hace unas semanas Hospedaxes se ha unido a la Asociación EGANET (Empresas Galegas adicadas a Internet).
Adjunto un texto (en gallego) de la propia asociación donde figuran las principales razones por las que hemos tomado la decisión de formar parte de la asociación.
EGANET, é unha entidade sen ánimo de lucro, formada por empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías, que se constitúe oficialmente o 28 de maio do 2000 cos seguintes obxectivos:
- Agrupar aos especialistas galegos en novas tecnoloxías vinculadas a internet.
- Descubrir, aproveitar e potenciar a sinerxía intelectual, latente, do colectivo empresarial galego estabelecido dentro e fora de Galicia.
- Elevar aos poderes públicos as iniciativas, reclamacións e aspiracións dos asociados.
- Colaborar e manter contactos con outras asociacións de idéntico ou parecido carácter a través de estudos comúns, intercambios de experiencias e traballos.
- Apoiar a comercialización de produtos galegos, a través das novas tecnoloxías.
- Homologar e validar métodos e procedementos estratéxicos segundo actividades, dando garantía de calidade ao seu deseño, a súa implantación e funcionamento.
- Fomentar o estudo e a investigación da RED a fin de mellorar a competitividade da EMPRESA GALEGA e dos profesionais dedicados a este ámbito.
- Editar, publicar e divulgar estudos e traballos sobre calquera tema relacionado coas novas tecnoloxías.
BENEFICIOS PARA OS ASOCIADOS
- Información sobre lexislación, axudas e subvencións. Mándanse boletíns periódicos con información moi específica e filtrada de interese para as empresas socias, tamén se manda un boletín diario con información sobre concursos públicos.
- Formación. Organízanse cursos de formación específicos segundo as demandas das empresas.
- Asistencia e condicións preferenciais de participación en feiras e encontros do sector.
- Gabinete de prensa. Servizo de envío de notas de prensa dos actos e novas que xurdan nas empresas socias.
- Bolsa de emprego. Estase a desenrolar unha bolsa de emprego de interese para as empresas socias en colaboración con centros de ensino e colexios profesionais.
- Posibilidade de entrar no Clúster Tic a un menor custe. Os socios de Eganet que decidan entrar no Clúster teñan unha rebaixa do 50% nas cotas do Clúster. Ademais se decides entrar dende dende o comezo as 6 primeiras cuotas serán gratuítas.
- Acceso á información e os servizos do portal www.eganet.org. Portal que en breve sairá a concurso entre os socios para a súa renovación.
- Promoción das empresas asociadas. Organízanse xornadas nas que poden intervir os propios socios e serven como actividades promocionais das empresas.
- Rede negociada de provedores de produtos ou que prestan servizos nunhas condicións preferencias aos socios de Eganet.
- Existencia dunha lista de distribución compartida por tódolos socios que serve de foro interno para facer consultas e expoñer problemáticas.
Así mesmo, Eganet colabora de forma continua con outras entidades de carácter similar, como a Asociación Nacional de Empresas de Internet (ANEI), cuia representación en Galicia ostenta EGANET, Confederación Española de Empresas de Tecnoloxía da Información, Comunicacións e Electrónica (CONETIC), ou con entidades portuguesas como MinhoDigital.com e BicMinho, con quen firmou sendos convenios de colaboración. EGANET está adherida á Confederación de Empresarios de Pontevedra, formando parte do seu Comité Directivo, e impulsando as actividades do Comité de Novas Tecnoloxías nesta entidade.
Para ingresar deben cumprirse os seguintes requisitos:
- Ter a calidade de EMPRESA ou AUTÓNOMO, é dicir, ser unha persoa física ou xurídica dedicada a unha actividade económica con ánimo de lucro.
- Alta censal na Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Ser unha empresa privada, e no caso de que estea participada por capital público que este non supere o 50% do capital.
- Desenvolver maioritariamente a súa actividade económica a través da rede Internet. Serán admitidas, así mesmo, empresas nas que o obxecto de actividade sexa Internet ou as novas tecnoloxías, aínda que non desenrolen propiamente a súa actividade a través da rede. Será obrigación dos socios comunicar á Xunta Directiva calquera cambio que puidera afectar a súa condición de membro da Asociación.
- Domicilio social ou fiscal situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
As cotas
Ø Cota socio: 45 euros mensuais.
Edificio Uninova (Mercagalicia). Vía La Cierva s/n
Polígono Industrial do Tambre. 15890 Santiago de Compostela - A Coruña
Telf.: 981 93 63 31 - Fax: 981 55 77 07
gerente@eganet.org - www.eganet.org



